24/6/19

12 puntos de vista

Resultado de imaxes para corea vista por 12 autores


Corea vista por 12 autores é un conxunto de historias gráficas escritas por 6 escritores franceses e outros 6 coreanos que teñen lugar en Corea do Sur, e, a maioría, en Seúl.

Cada relato é moi distinto do anterior xa que evidentemente non todo o mundo o ve todo do mesmo xeito, e tamén é verdade que houbo algunha que non entendín moi ben, pero en xeral é unha forma moi boa de meterse nunha sociedade e un pais que evolucionaron moito en moi pouco tempo e que ten moitos contrastes entre modernidade e tradición (é o país co internet máis rápido do mundo pero no que o feminismo é algo relativamente recente). Aínda que non esteades interesados na cultura nin no país, ten historias moi bonitas e interesantes, e se coñecedes a alguén que o esté, é un bo agasallo que gusta seguro. 


7/3/19

Faremos unha marcha

Resultado de imaxes para march una crónica de la lucha por los derechos civiles de los afroamericanos


March é unha novela gráfica que narra todo o que tiveron que pasar os afroamericanos para lograr o  voto e para erradicar a segregación racial en EEUU. Está baseada na historia real do congresista John Lewis, que participou en todas as marchas polos dereitos da xente de cor. 

Ao tratarse, ao fin e ao cabo, dun cómic, ás veces podemonos despistar e crer que esta é soamente unha de entre todas esas historias que alguén escribe por diversión, para que os demáis desfruten dela, pero todo o que ocorre neste libro pasou de verdade, e non é un libro que che faga pasar un bo rato, que tamén, se non que é un libro que che fai reflexionar sobre que é o que estamos facendo mal nesta sociedade para que toda esa xente tivese que arriscar a súa vida (porque si que houbo mortes nas manifestacións) e fora ao cárcere soamente por querer poder entrar nun restaurante. Sentía unha presión no peito cando lía, por todo o que tiveron que pasar, porque todo parece moi distante, parece que a sociedade avanzou moito, pero isto pasou hai só 50 anos, e retroceder é moi sinxelo.

Realmente un libro moi recomendable,  deses dos que podemos decir que aprendemos moito.
Imaxe relacionada

Algo tan bonito como a vida


Resultado de imaxes para el olmo del caucaso y otras historias

El olmo del Cáucaso y otras historias é un conxunto de relatos curtos ocorridos en Xapón, sen ningunha relación entre si, que contan fragmentos da vida de varias persoas, que perfectamente poderían ser reais. O título non podería representar mellor o contido do libro: o primeiro relato chámase El olmo del Cáucaso e o resto son outras historias distintas, todas igual de fermosas sobre persoas normais e corrientes.

Eu son unha gran fan da obra de Jiro Taniguchi, así que este libro non se saiu da norma e foi tan bonito como os anteriores que eu lera. Neste caso o mestre Taniguchi só ilustra, pero, coma sempre, os debuxos expresan tan ben todas as historias que case non sería necesario ter que ler o texto para desfrutar do libro. O que escribiu neste caso foi Ryuichiro Utsumi, autor ao que eu non coñecía, pero dende logo vou investigar máis obra súa, porque me gustou moito o seu xeito de narrar as realidades destas persoas.

Este libro está editado no sentido de lectura occidental, así que, se non sodes aficionados ao manga, non ides ter a excusa de que o libro está do revés e vos ides confundir. É un libro moi fermoso, co que ides pasar un moi bo rato, así que se estades a buscar un libro ameno e curto, este é o perfecto. Outra obra mestra de Jiro Taniguchi (e de Ryuichiru Utsumi claro).

Libros perfectos para comezar con Jiro Taniguchi:  El almanaque de mi padre e Barrio lejano.

17/1/19

O pano do desastre



Resultado de imaxes para la isla de abel



Abel  ten todo o que calqueira rato poida desexar: está casado con unha ratiña marabillosa,vive nunha casa fantástica, os mellores amigos e moita cultura. Pero un día, nunha tormenta, o vento leva o pano da súa esposa e salta a buscalo, coa mala sorte de que a forza da tormenta o arrastra moi lonxe. Un rio arrástrao a unha illa, onde terá que aprender a sobrevivir sen as comodidades ás que está acostumado.

O primeiro que me chamou a atención deste libro foron as ilustracións, que me pareceron moi semelleantes ás de Quentin Blake, ilustrador dos libros de Roald Dahl (Matilda, Charlie e a fábrica de chocolate...), e de feito pensei que eran súas, pero eran do autor, William Steig.

Xa en canto á narración, houbo varias cousas que non me convenceron: o primeiro é o comezo da historia, aínda que se trate dun libro de nenos, pareceme un pouco absurdo, porque se hai unha tormenta e eres tan pequeniño, non saltas a por un pano que podes volver mercar, resgárdaste para poder sobrevivir. Outra cousa que non me gustou foi o enorme ego do rato, porque case todo o tempo está a dicir o moito que debe estar facendo sufrir á súa esposa e aos seus amigos, que o adoran tanto e que non poden vivir sen el, e no intelixente e fantástico que é, porque só a el se lle ocorren as xeniais ideas que ten para saír da illa (e ademais de que o narrador o apoia e lle da a razón, cando debería ensinar aos nenos que o lean de que esa forma de ser non é a adecuada). 

A parte disto (que quizais so sexan porque teño manías literarias ou porque o libro e da primeira metade do século pasado e eran dun xeito diferente), hai cousas da historia que non están de todo mal, aínda que dende logo non é un libro que eu lería se fose máis pequena.

8/12/18

Cando as árbores falen


Imaxe relacionada

Melinda é unha adolescente diferente a todas as do seu instituto: está sempre soa, non lle gusta facer nada, ten problemas na casa e parece estar sempre deprimida. Melinda antes tiña amigas, e era unha boa estudante, pero algo pasou unha noite do verán anterior que a marcaría para sempre, e que debe contar para lograr por fin volver á vida normal.

En Cuéntalo, de Laurie Halse Anderson, o tema central, a parte de ser ovbiamente o que lle sucede a Melinda, é como se enfronta ela a todos os que o rodean, como trata a todas esas presoas que non a comprenden, que a marxinan e a ignoran. É dificil desfrutar novela gráfica (adaptación do libro orixinal ao cómic), porque a pesar de ser "bonita", é moi realista e bastante dura, e o feito de estar tan ben contada faina máis dura aínda, e a maior parte do tempo estás pensando e reflexionando sobre todo o que pasa. As ilustracións completan moito o libro, xa que fai que vexamos máis claras as emocións de Melinda no xeito en que están debuxadas as viñetas. A pesar de ser un libro bastante bo, en ocasións ten algún que outro fallo estrutural, e pasa dunha escena a outra sen que quede moi claro que pasa no medio, pero non é un gran erro a destacar.
Un libro obligado para entender mellor como se sinten as vítimas de abuso, e para ver que é o que os demais podemos facer para que cousas como estas non pasen na realidade. 



23/11/18

Harry Potter e o debate filosófico


Resultado de imaxes para harry potter y la filosofia

Nos libros de Harry Potter atopamos varios temas que merecen unha análise máis profunda, e este libro trata unha gran maioría, dende o punto de vista da filosofía, formulando preguntas e tratando de darlles unha resposta. Harry Potter y la filosofía fala de temas moi diversos, como o feminismo, o patriotismo, o amor e a política, relacionándoos coa saga de J.K Rowling.

Se ben a filosofía pode resultarlle confusa e complicada a algunhas persoas, este libro en concreto non o é, xa que os temas que se tratan e o punto de vista dende o que se explican fai que enganche máis e se descubran moitas cousas que, se nos paramos a pensar, teñen moito sentido. Un libro relamente interesante e instructivo 100% recomendable para os que, coma min, son Potterheads e nunca se cansan de ler as aventuras do neno que sobreviviu.

2/11/18

Páxinas violetas

Imaxe relacionada


Nuria Varela presentanos a historia do feminismo e das mulleres máis importantes e influíntes deste movemento. É un libro moi completo e acompañado das ilustracións de Antonia Santolaya que fan que non sexa solamente unha morea de datos condensados en 200 páxinas.
A pesar de que nalgún momento pode facerse algo árido, é algo irrelevante, xa que deste libro apréndese moito sobre as loitas das mulleres que querían cambiar o mundo, e que lograron convertilo no que é agora, aínda que siga habendo que facer moitos cambios. 
Como indica o título, é un libro para aqueles que non están moi familiarizados co feminismo ou para aqueles aos que simplemente lles interesa e queren saber máis sobre o empoderamento das mulleres.
En definitiva, un libro totalmente recomendable, sobre todo para os que siguen pensando que o machismo non existe.

15/10/18

Fóra do Normal de María Reimóndez


Unha crítica á sociedade actual bastante boa. Ambiéntase nun instituto como calquera outro, no que hai un alumno transxénero, que é despreazada polos seus compañeiros debido á súa orientación,  polo que quizáis te poidas sentir identificado ou identificada nalgún momento. Se tivese que destacar algún aspecto que non me gustou do libro sería a rapidez ca que acontecen as cousas, pero é unha lectura moi lixeira e sinxela.
Aquí vos deixo un enlace a unha entrevista da autora, María Reimóndez:

PASEN E VEXAN