17/1/19

O pano do desastre



Resultado de imaxes para la isla de abel



Abel  ten todo o que calqueira rato poida desexar: está casado con unha ratiña marabillosa,vive nunha casa fantástica, os mellores amigos e moita cultura. Pero un día, nunha tormenta, o vento leva o pano da súa esposa e salta a buscalo, coa mala sorte de que a forza da tormenta o arrastra moi lonxe. Un rio arrástrao a unha illa, onde terá que aprender a sobrevivir sen as comodidades ás que está acostumado.

O primeiro que me chamou a atención deste libro foron as ilustracións, que me pareceron moi semelleantes ás de Quentin Blake, ilustrador dos libros de Roald Dahl (Matilda, Charlie e a fábrica de chocolate...), e de feito pensei que eran súas, pero eran do autor, William Steig.

Xa en canto á narración, houbo varias cousas que non me convenceron: o primeiro é o comezo da historia, aínda que se trate dun libro de nenos, pareceme un pouco absurdo, porque se hai unha tormenta e eres tan pequeniño, non saltas a por un pano que podes volver mercar, resgárdaste para poder sobrevivir. Outra cousa que non me gustou foi o enorme ego do rato, porque case todo o tempo está a dicir o moito que debe estar facendo sufrir á súa esposa e aos seus amigos, que o adoran tanto e que non poden vivir sen el, e no intelixente e fantástico que é, porque só a el se lle ocorren as xeniais ideas que ten para saír da illa (e ademais de que o narrador o apoia e lle da a razón, cando debería ensinar aos nenos que o lean de que esa forma de ser non é a adecuada). 

A parte disto (que quizais so sexan porque teño manías literarias ou porque o libro e da primeira metade do século pasado e eran dun xeito diferente), hai cousas da historia que non están de todo mal, aínda que dende logo non é un libro que eu lería se fose máis pequena.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN