7/3/19

Algo tan bonito como a vida


Resultado de imaxes para el olmo del caucaso y otras historias

El olmo del Cáucaso y otras historias é un conxunto de relatos curtos ocorridos en Xapón, sen ningunha relación entre si, que contan fragmentos da vida de varias persoas, que perfectamente poderían ser reais. O título non podería representar mellor o contido do libro: o primeiro relato chámase El olmo del Cáucaso e o resto son outras historias distintas, todas igual de fermosas sobre persoas normais e corrientes.

Eu son unha gran fan da obra de Jiro Taniguchi, así que este libro non se saiu da norma e foi tan bonito como os anteriores que eu lera. Neste caso o mestre Taniguchi só ilustra, pero, coma sempre, os debuxos expresan tan ben todas as historias que case non sería necesario ter que ler o texto para desfrutar do libro. O que escribiu neste caso foi Ryuichiro Utsumi, autor ao que eu non coñecía, pero dende logo vou investigar máis obra súa, porque me gustou moito o seu xeito de narrar as realidades destas persoas.

Este libro está editado no sentido de lectura occidental, así que, se non sodes aficionados ao manga, non ides ter a excusa de que o libro está do revés e vos ides confundir. É un libro moi fermoso, co que ides pasar un moi bo rato, así que se estades a buscar un libro ameno e curto, este é o perfecto. Outra obra mestra de Jiro Taniguchi (e de Ryuichiru Utsumi claro).

Libros perfectos para comezar con Jiro Taniguchi:  El almanaque de mi padre e Barrio lejano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN