8/12/18

Cando as árbores falen


Imaxe relacionada

Melinda é unha adolescente diferente a todas as do seu instituto: está sempre soa, non lle gusta facer nada, ten problemas na casa e parece estar sempre deprimida. Melinda antes tiña amigas, e era unha boa estudante, pero algo pasou unha noite do verán anterior que a marcaría para sempre, e que debe contar para lograr por fin volver á vida normal.

En Cuéntalo, de Laurie Halse Anderson, o tema central, a parte de ser ovbiamente o que lle sucede a Melinda, é como se enfronta ela a todos os que o rodean, como trata a todas esas presoas que non a comprenden, que a marxinan e a ignoran. É dificil desfrutar novela gráfica (adaptación do libro orixinal ao cómic), porque a pesar de ser "bonita", é moi realista e bastante dura, e o feito de estar tan ben contada faina máis dura aínda, e a maior parte do tempo estás pensando e reflexionando sobre todo o que pasa. As ilustracións completan moito o libro, xa que fai que vexamos máis claras as emocións de Melinda no xeito en que están debuxadas as viñetas. A pesar de ser un libro bastante bo, en ocasións ten algún que outro fallo estrutural, e pasa dunha escena a outra sen que quede moi claro que pasa no medio, pero non é un gran erro a destacar.
Un libro obligado para entender mellor como se sinten as vítimas de abuso, e para ver que é o que os demais podemos facer para que cousas como estas non pasen na realidade. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN