Unhas poucas veces na vida temos a sorte de atopármonos con persoas marabillosas. Case sempre sucede por azar e nos lugares ou momentos máis insospeitados. Persoas que, sen saber por que, sabes que ocuparán para sempre un espazo no teu corazón.ARS LEGENDI
Biblioteca Escolar do CPI SAN VICENTE de A BAÑA
22/01/12
A forza do cariño
Unhas poucas veces na vida temos a sorte de atopármonos con persoas marabillosas. Case sempre sucede por azar e nos lugares ou momentos máis insospeitados. Persoas que, sen saber por que, sabes que ocuparán para sempre un espazo no teu corazón.19/01/12
Familia so hai unha!

Este álbum ilustrado da editorial Takatuka é un agasallo que non debería perderse ningunha familia.
Tras o soprendente o subtítulo Sobre el hijo de la nueva amiga del hermano de la ex mujer del padre y otros parientes aparece unha pormenorizada descripción do concepto de FAMILIA, tan sinxelo e tan complexo, tan cotiá e á súa vez tan variopinto e extraordinario.
Familias patchwork, familias arco iris, familias enormes ou minúsculas, ruidosas ou silenciosas, familias de elección ou de sangue ... unha chea de familias!!! entre as que, sen dúbida, nos atoparemos reflectidos.
É imposible non pasar un rato marabilloso e divertido gozando dos seus textos e ilustracións pois, sen moralismos nin xuizos de valor, as súas autoras lévannos en cada páxina da risa ao asombro, da tenrura á emoción, da curiosidade ao rubor, da tristura á gargallada dándonos, por riba de todo, unha fermosa lección de tolerancia.
15/01/12
Insu-Pu, la isla de los niños perdidos

Robinson Crusoe, O robinsón suizo, Venres ou a vida salvaxe, El salvaje, He jugado con lobos, El libro de la selva, El señor de las moscas ou mesmo Tarzán son algúns exemplos.
Nesta obra de Mira Lobe serán 11 rapaces, con idades entre os 9 e os 15 anos, os que sobrevivirán máis de 6 meses nunha illa en medio do océano. Nenos e nenas de familias ben diferentes, uns ricos, outros humildes, uns cultos e refinados, outros afeitos a traballar dentro e fora da casa, pero todos fuxindo dunha guerra que asola o seu país.O barco que os levaba rumbo a un país en paz, Terrania, ten un percance e o seu bote salvavidas pérdese entre a tormenta.
Nesa illa, chamada por eles mesmos Insu-Pu (Insula puerorum, a illa dos nenos), aprenderán a convivir e organizarse, a aplicar as habilidades de cada un ás diferentes tarefas cotiás, a escoller un líder e a obedecer as súas ordes. Tamén aprenderán a respectarse e a resolver sos os seus conflictos e diferenzas.
Mentres tanto, en Terrania, Michael, un rapaz obsesionado co seu rescate, loitará sen descanso ata conseguir quen lle axude a emprender a busca.
Un relato fermoso, conmovedor e divertido que non vos podedes perder.
11/01/12
GAÑADORES "CARTAS DE AMOR"
Aquí tedes aos flamantes gañadores do Concurso de Relatos "Cartas de Amor" que o pasado luns día 9 recibiron, entre aplausos, os seus diplomas e agasallos.
- Categoría I (1º e 2º de ESO): Mª José Paredes e Celena Santana (ex aequo)
- Categoría II (3º e 4º de ESO): Marcos Cernadas
- Categoría III (adultos): Patricia Delgado
Contamos con todos vos, e con moitos máis, para a próxima convocatoria.
03/01/12
AGASALLA UN LIBRO ESTE NADAL!
- Servicio de Orientación de Lectura.
- LG3, O soportalda literatura galega.
- Club Kirico (as recomendacións dos libreros)
- Revista de linteratura infantil e xuvenil Babar.
- Guías de lectura da Fundación Germán Sánchez Ruipérez
12/12/11
LO QUE TE HACE GRANDE
29/11/11
15 artistas contra a violencia de xénero
Dende esta mañá os nosos corredores están engalanados coa exposición Cartas de Amor, organizada pola Secretaría Xeral de Igualdade e que
está a percorrer moitos moitos centros educativos galegos con obras dos seguintes artistas: Miguel Calatayd, Patricia Castelao, Jack Mircala, Fausto, J. Méndez, Javier Olivares, David Pintor, Pirusca, Primitivo, Sonia Pulido, Paco Roca, Sergi San Julián, Eva Vázquez, Óscar Villán e Anxos Sumai.21/11/11
Podían pasar, e pasaron!
- seremos testemuñas do que acontece na vila de Nil na ausencia de Lina e Pouco: o cambio de vida de dona Numerosa, as novas responsabilidades de Propicio, as interesantes conversas dos mortos no camposanto ou os progresos musicais da banda de don Torsón.
- presenciaremos os ensaios de tuba de Hedión no Pantano Onde Non Amañece e o seu perverso plan para acabar con Pouco.
- e percorreremos a difícil viaxe de volta á vila de Nil de Lina e Pouco, chea de aventuras incribles e criaturas faladoras que intercalarán pequenas noveliñas gráficas que nos axudarána comprender mellor a historia e os seus personaxes.
En canto abras a primeira páxina non serás quen de deixar de ler. Atoparáste con reis asasinos, unha serpe tragaldeas, xoias con forma de pastel, pasteis que rompen dentes, duros coma o cemento, un porco sabio, unha nova receita: cocido de can... , potentes e escuras melodías e un durísimo duelo de tubas.
Pero nada máis vos podemos contar, pois sabemos que os rapaces de 3º están a ler o Libro I e non queremos desvelarlles nada do que está por pasar, pois sabemos que lles deixará coa boca aberta.
Eso sí, non deixedes de visitar o blog de Mil cousas poden pasar, no que Jacobo Fernández invita a participar a todos os nenos que len, escriben e debuxan, ou sexa, VOS MESMOS!. Alí atoparedes moitas das ilustracións dos libros I e II e tamén fermosos traballos e debuxos feitos por rapazas e rapaces coma vos.
Animádevos, pequenos blogueiros, a ler, escribir, e debuxar con Jacobo.



