Esta variedade de opinións demostra que calquera día pode ser bo ou pésimo, segundo o que nos aconteza. As supersticións do tipo que sexan (pasar baixo escaleiras, cruzarse con gatos negros, derramar sal, abrir paraugas dentro da casa, deixar sombreiros sobre a cama, usar roupa interior vermella en Noitevella...) non deixan de ser crenzas que non teñen ningún fundamento científico, así que se mañá, martes e 13, tedes algún exame confiade no voso esforzo e non en amuletos e rituais contra a mala sorte.
Dúas recomendacións de boas lecturas para comezar a semana. A primeira é A boa sorte, unha fermosa fábula escrita por Álex Rovira e Trías de Bes, na que aprenderemos que a sorte non é froito do azar, senón que depende de nós mesmos e das nosas accións. E para os pequenos, Boa sorte de María Solar, con ilustracións de Xosé Tomás, o noso convidado do Expocómic 2008.
Para mín foi moito peor o mércores 14, pero para que aburrirvos cos detalles.
ResponderEliminar