3/11/08

EXPOCÓMIC 2008

A pasada semana celebramos a EXPOCÓMIC 2008, seguindo o camiño que comezamos o curso anterior. Fixemos unha gran exposición de novidades para todas as idades, non só de creación senon tamén de materiais sobre técnicas de debuxo e ilustración.
Entre todos os títulos presentados podemos destacar Astro Ratón y Bombillita, Pucca, Yotsuba, Don Miki ou Dinokids, para os máis pequenos;

Kid Paddle, Lou!, Tomás el Gafe, Totó, Titeuf, Pedro el Coatí, Pequeño Vampir, Brujeando ou Mortadelo e Filemón en Pekín 2008, para quen queira ler divertidísimas historias.


O ano pasado contamos coa visita de Jacobo Fernández Serrano (Os amigos de Archimboldo Roque, Aventuras de Cacauequi) para a realización dun obradoiro de cómic dirixido a alumnado de Primaria. Desta vez, o ilustrador que acompañou aos alumnos de Secundaria nesta celebración foi Xosé Tomás, quen nos agasallou con dous exemplares da súa obra Tolos.

Sentímonos moi satisfeitas da acollida que estas actividades teñen entre o noso alumnado! Xa sabedes onde están todas estas xoias gráficas que podedes levar a casa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN