Continuamos falando de alimentos, de receitas, de lecturas e de bos momentos, como os que pasarán os alumnos de 6º ensaiando una sabrosa e divertida comedia que pronto representarán para os seus compañeiros.
En canto estean listos para sair a escea poderedes entrar todos no Restaurante Farruco e coñecer o seu curioso menú, aos seus mellores clientes, aos traballadores da cociña e aos seus singulares ingredientes:
- unha galiña que arrola ao seu oviño recén nacido,
- unha vaca rebelde,
- un porco malhumorado,
- tres chocos rebuldeiros cos depósitos de tinta a rebordar
- e unha mosca repoluda de comer tanta sopa
Buscade unha boa cadeira, e preparadevos para rir a gargalladas. A diversión está garantida.
E se vos animades a subir ao escenario aquí vos propoñemos outros títulos igual de divertidos e alimenticios que están a esperar por vos nos andeis de TEATRO da nosa biblioteca:
Bo proveito a todos!
Estou deseando representar a obra. Oxalá chege fin de curso
ResponderEliminar