O narrador protagonista é Paul, casado con Claire e pai de Michel, un rapaz de 15 anos. A outra familia está formada por Serge, irmán maior de Paul, ministro, candidato á Presidencia do país, a súa muller Babette, e os seus fillos Rick (biolóxico) e Beau (adoptado) e unha filla, Valerie, que queda fóra do relato.
As dúas parellas cítanse nun restaurante de luxo para tomar unha decisión sobre o futuro dos fillos. Pouco a pouco imos percibindo que a realidade pode non ser máis que apariencia, como neses pratos baleiros que conforman a cea: "Ya sé que en los restaurantes selectos siempre se prima la calidad sobre la cantidad, pero hay vacíos y vacíos. Allí - no prato de Claire - el vacío, la parte del plato en que no había nada de comida, rozaba la paradoja." (p.48).
Nunha entrevista concedida ao programa "No es un día cualquiera" de RNE, Herman Koch desvela interesantes aspectos do proceso creativo e do desenvolvemento argumental da obra.
Unha novela imprescindible para adultos e adolescentes, e especialmente para pais e nais que cando protexen aos seus fillos, non fan máis que procurar a súa propia protección. Unha lectura voraz e un final sorprendente fan desta obra un éxito rotundo que agarda por ti na biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario