27/1/10

Amor mais alá da morte?


Pensades que o amor pode ir mais alá da morte? Ou mellor dito, mais alá da vida?

Pode ser que atopedes a resposta a esta metafísica pregunta aquí ...



Unha novela de misterio, escrita por Care Santos. Temos ingredientes de sobra para que a lectura desta historia nos resulte apaixoante: amor, traxedia, vinganza, ... Non parece que haxa cabida para o aburrimento.

O libro ten unha orixinalidade, é un

libro con banda sonora,

conta con un CD que inclúe:


  • Unha entrevista coa escritora.
  • Un póster.
  • O primeiro capítulo.
  • O tema "I'll be ok" do grupo Mc Fly, canción de gran importancia para Bel, a protagonista.

Por suposto o libro ten páxina web:

http://www.belamormasalladelamuerte.com



A autora descubriu esta canción (e a banda que a toca) a través das recomendacións dos seus lectores.
Falando da autora, Care Santos, tedes sobrada información sobre ela e a súa bibliografía na páxina web do libro.

Aquí vos queda o enlace para que vexades o vídeo da canción. A letra está no recadro da dereita, onde pon "mais información". Clicade sobre a foto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN