Como ben sabedes, mañá
comezan as clases en Secundaria. Ante tal acontecemento queremos alertar a pais, nais e alumnado en xeral dun fenómeno que a todos pode afectar de xeito imprevisto. Non, non estamos a falar da
gripe A; estámonos a referir a algo moito máis contaxioso:
o devastador bocexo (tamén chamado
boqueada), provocado por causas tan dispares como son
o sono,
a fame ou
o aburrimento. Se vedes alguén bocexando, fuxide decontado ou tamén vós comezaredes a abrir a boca e pechar os ollos mentres emitides unha especie de lánguido lamento...
En moitos fogares, esta tarde-noite escoitaranse as recomendacións de nais e pais anguriados ante a posibilidade de que os seus fillos queden atrapados nunha rede de bocexos durante as clases, e tentarán por todos os medios que os rapaces se deiten cedo.
Cuando un padre afligido
le dice a su hijo acuéstate pequeño
y duérmete seguido
es que quiere a la par hacerse dueño
del hijo y de su sueño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario