26/5/09

POESÍA CON MÚSICA


and i've waiting all day long

Agardei todo o día
por ela
e molleime na chuvia
de menta

Percorrín certas rúas
ás cegas
e nin dei co seu corpo
de area

Procurei os seus ollos
de néboa
e fiquei afundido
na ausencia

Convertín sentimentos
en verbas
e deitei catro bágoas
nas pedras

Agardei todo o día
por ela
e sentín o rabuño
da espera


Antonio García Teijeiro, Petando nas portas de Dylan: Fermoso poemario creado a partir das cancións de Bob Dylan no que cada poema arrinca a partir dun verso de Dylan que Antonio recrea e reinterpreta cun novo poema. Ao igual que o cantautor norteamericano, afronta temas moi diversos, dende a protesta e a denuncia das inxustizas (nenos soldado, inmigración, pobreza, paro, exilio,...) ata o amor, o desamor, a natureza ou a paz.
Unha ilustración de Xosé Cobas acompaña a cada poema aportando a interpretación plástica do mesmo.

Un libro pensado para lectores de máis de 12 anos, ese tramo de idade para o cal é tremendamente difícil atopar publicacións de poesía en lingua galega, e co valor engadido de que aproxima aos lectores á música e á figura de Bob Dylan. Unha oportunidade excelente para traballar conxuntamente música, plástica e poesía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN