6/5/08

EL LIBRO AZUL de LLUÍS PRATS

Leo Valiente estudia nun instituto de Barcelona, as súas notas e o seu desinterese teñen preocupados a seus pais. Unha tarde acode por primeira vez á Biblioteca de Catalunya. Ten que realizar un traballo sobre Alexandre Magno ou suspenderá unha asignatura máis. Os seus amigos, Rita e Abram o acompañan. Alí coñecen a unha simpática bibliotecaria, Oxford, e, mentres lle axudan a ordenar e colocar libros nos andeis, atopan O libro azul.
Leo, curioso, inicia a súa lectura e, para a súa sorpresa, acabará axudando ao seu protagonista, quen reclamará a súa axuda para seguir a pista dun antigo sepulcro gótico.
O traballo e o libro levan aos tres rapaces a viaxar a Constantinopla, Escocia, Grecia, Capadocia e a antiga Persia, na procura dun misterioso e agochado tesouro. Ficción e realidade se mesturan nas súas vidas, só o lector pode distinguir pola cor da tinta se está a ler o relato do Libro azul (tinta azul) ou o da realidade de Leo (tinta negra) nun guiño á maravillosa Historia Interminable de Michael Ende.
Unha lectura emocionante para os amantes da historia e da fantasía.
Está publicado na Editorial Bambú en 2007.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN