29/4/08

"A LAGOA DAS NENAS MUDAS", de Fina Casalderrey




Amina ven de Nixeria, é a nova alumna do grupo B no Colexio Concepción Arenal. Non comprende nada do que alí se fala, pero a súa compañeira, Ío, vaille contando todo cos seus debuxos. Ío é moi calada, case non fala, os seus compañeiros din que "ten un trauma".

Mais é a única que trae un regalo de benvida á nova compañeira, un coelliño de indias ao que Amina chamará Edu, igual que seu mellor amigo en Lagos, ao que ela escribe cada día para contarlle o que lle está a suceder no seu novo país.

Unha tenra historia de amizade máis alá das fronteiras, das cores, das línguas, pois, como lle dicía a súa mamá:

"As linguas son as roupas que visten as palabras en cada lugar".

As ilustracións, fermosísimas, obra de Patricia Castelao. Unha lectura moi recomendable para rapaces e rapazas de 9 anos en adiante.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN