3/12/07

MÁIS ANIMALADAS?


Se queredes máis información divertida sobre animais recoméndovos un libro titulado:
¿Tienen los animales que lavarse los dientes?
A partir dos 12 anos
Editorial: Edaf (2006)
Texto: Walli Müller
Ilustracións: Günter Mattei
Tradución e adaptación: Frank Schleper
Premio Bolonia de Literatura Infantil 2006 na categoría Non Ficción.

¿Fúndenselles os plomos aos vagalumes? ¿Rin as galiñas? ¿É crente a mantis relixiosa? ¿Sabe inglés o pastor alemán? ¿Fuman os camelos? ¿É pacifista o peixe espada?... Todas estas preguntas, entre outras moitas, fixéronllas ao autor deste libro, que tamén é director dun zoolóxico, nun breve programa de radio (Cousas de bichos en Radio Baviera 3). As respostas son sinxelas e divertidas, pero con todo o rigor da ciencia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN