Unha novela de misterio, escrita por Care Santos. Temos ingredientes de sobra para que a lectura desta historia nos resulte apaixoante: amor, traxedia, vinganza, ... Non parece que haxa cabida para o aburrimento.
O libro ten unha orixinalidade, é un
libro con banda sonora,
conta con un CD que inclúe:
- Unha entrevista coa escritora.
- Un póster.
- O primeiro capítulo.
- O tema "I'll be ok" do grupo Mc Fly, canción de gran importancia para Bel, a protagonista.
Por suposto o libro ten páxina web:
http://www.belamormasalladelamuerte.com
A autora descubriu esta canción (e a banda que a toca) a través das recomendacións dos seus lectores.
Falando da autora, Care Santos, tedes sobrada información sobre ela e a súa bibliografía na páxina web do libro.
Aquí vos queda o enlace para que vexades o vídeo da canción. A letra está no recadro da dereita, onde pon "mais información". Clicade sobre a foto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario