28/1/15

XOGOS NA BIBLIOTECA

Dende esta semana todos os usuarios da biblioteca maiores de 8 anos poderán facer uso da nosa colección de xogos de enxeño e creatividade.
Crebacabezas, labirintos imposibles, combates de estratexia, xogos de palabras, desafíos á vosa memoria, retos á vosa imaxinación... Todo iso e máis.
Podedes xogar con eles na biblioteca nos tempos de lecer ou levalos á aula.
So teredes que respectar as sinxelas normas que vos presentamos a continuación e, sobre todo, coidar os materiais e non despistar ninguna peza!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

PASEN E VEXAN