17/1/15

ENCONTRO CON FRAN JARABA


O pasado xoves 15 de xaneiro, dentro do noso Expocómic temático sobre A Historia Ilustrada, contamos coa visita de Fran Jaraba, autor de Cita na Habana, Terra Libre, Campos de Cuba e División Azul.
Os alumnos e profes de ESO poideron coñecer a súa traxectoria como ilustrador e debuxante, dende os seus inicios, ilustrando libros de texto e obras de grandes autores coma Marilar Aleixandre ou Agustín Fernández Paz, ata o seu salto á creación de banda deseñada.
Falounos da súa paixón pola historia do século XX e da súa afección por tratar temas históricos nos seus cómics, especialmente aqueles episodios que semellan non estar moi presentes na nosa literatura. E tamén poidemos ver cómo traballan hoxe en día na creación de cómics grazas ás ferramentas informáticas.


Foi ademais un pracer reencontrar a Fran despois de 14 anos, pois el foi o primeiro profe de Plastica en ESO do noso CPI. 
Amosouse emocionado de visitarnos e asinou con palabras moi agarimosas os nosos exemplares da súa mais recente obra: División Azul.

Moitas grazas, Fran, pola túa visita e ata sempre!



No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN