15/11/14

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO TAMÉN NA NOSA BIBLIOTECA


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria está a impulsar a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO.
Neste primeiro ano conmemorativo é o científico galego, Ángel Carracedo, o autor do manifesto que podedes ler AQUÍ.
Así mesmo, a Asesoría de Bibliotecas Escolares recompilou e pon a disposición de todos os docentes galegos estes interesantísimos RECURSOS DIXITAIS RELACIONADOS COA CIENCIA EN GALEGO.
A nosa biblioteca súmase á celebración, tentando facer visible unha selección das nosas lecturas e cine de ciencia e ficción no noso punto de interese.
Aínda non vos acercastes por alí?
Comprobaredes que Ler ciencia tamén é divertido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN