28/10/14

La lección de August / La historia de Julian


August ten un terrible problema físico que fai que o seu rostro sexa "monstruoso". Nesta novela asistimos ao seu primeiro curso no instituto, despois de ser educado na casa ata os 10 anos.

Pero non só coñeceremos a súa historia a través del. A xente que o rodea tamén nos describe a súa realidade vista dende fóra. Así entre todos constrúen un fermoso retrato sobre a amizade, a familia, a non sempre doada vida escolar e a complicada e, ás veces, cruel adolescencia. 
Sabemos que ao tratar temas como o que trata esta novela, pódese caer con facilidade no empalago ou na sensiblería fácil. Non é este o caso.
A historia de August cativaravos, especialmente polo xeito en que a autora consegue que sexas quen de poñerte na pel de todos eles, sen caer nunca no falso buenismo ou na crueza innecesaria.
R. J. Palacio, deseñadora gráfica de profesión, estreouse na literatura xuvenil con La lección de August e, de seguido, ven de publicar o que ela chama "o capítulo de Julian", traducido ao español como La historia de Julian. Si, Julian, ese rapaz que semella non terse portado nunca ben con August. Agora vai ser el quen nos narre os seus sentimentos e o que supuxo para el a aparición de August no seu mundo, na súa, ata entonces, vida feliz. 
Unha lectura fermosa e, se sodes algo branduchos, con bágoas aseguradas. ;-)
Os lectores de 1º de ESO xa están a gozar dela, anímate a coñecela ti tamén!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN