6/10/14

ESTAMOS DE VOLTA



Queridos lectores e lectoras,
Un curso máis, a Biblioteca Escolar abre as súas portas de par en par para todos vós.
Unha biblioteca que aspira a formar parte das vosas vidas moito máis alá da vosa vida escolar.
Unha biblioteca que pretende axudarvos a atopar o que buscades e tamén, por que non?, a perdervos, cando o precisedes.
Unha biblioteca que quere estar presente en cada rincón do cole onde a necesites: as aulas, os corredores, os despachos, o patio...
Unha biblioteca que, de novo, vai empregar esta ventá ao exterior para contarvos o que temos entre as mans, para presentarvos aquelo que nos apetece moito que leades ou para mostrarlle a todo o mundo o que aquí facemos, todos xuntos e rodeados de libros.

Xa todos tedes os vosos carnés ao día, comeza por fin a viaxe, apuntádevos ao que máis vos apeteza: os pasaportes lectores, as mochilas viaxeiras, o Club de Lectura, os recreos librescos, as fins de semana de cine...
Abrochade ben os cintos, estamos de volta e a travesía vai ser emocionante!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN