24/10/12

ATERRORÍZANOS



Chega novembro,
tempo de Samaín,
de falar cos defuntos,
de comer castañas
e de escoitar relatos estarrecedores
ao carón do lume dunha lareira,
ou xunto ao radiador.

Anímaste a aterrorizarnos co teu propio relato?

Pois participa no noso:

I Concurso de relatos terroríficos

BASES:


  • Organizador do concurso
A organización deste concurso está promovida pola Biblioteca Escolar como parte das actividades de “Fomento da lectura e escritura” dirixidas ao alumnado de  Educación Secundaria.
  • Condicións para ser participante:
  1. Poderán participar no concurso todas as alumnas e alumnos de Educación Secundaria, quedando excluídos os lectores morosos, é dicir, aqueles que non teña devoltos ou renovados os  libros de préstamo no momento en que comece o concurso.
  2. Os traballos poderán ser escritos en lingua galega, castelá, inglesa ou francesa sempre e cando sexan respectadas as normas ortográficas e morfolóxicas de dita lingua.
  3. O tema dos relatos será de terror ou misterio.
  4. Os textos deben ser orixinais, calquera tipo de copia ou plaxio, de demostrarse, suporá a automática descualificación do seu autor.
  5. Os membros do xurado poden deixar o premio deserto.
  • Datas de comezo e remate
O concurso comezará o mércores 24 de outubro de 2012 e rematará o venres 23 de novembro.
  •  O xurado
O xurado estará composto polos profesores responsables da biblioteca escolar.
  • Funcionamento do Concurso
Unha vez redactado o relato debedes depositalo na caixa de correos na entrada da biblioteca ou envialo por correo electrónico á seguinte dirección equipobiblio@gmail.com indicando no asunto: CONCURSO RELATOS TERROR.
O fallo do xurado farase público o venres 30 de novembro.
  •  Premios
Haberá un terrorífico premio para cada categoría:
  1. 1º e 2º de ESO
  2. 3º e 4º de ESO
A entrega dos mesmos terá lugar o venres 30 de novembro na biblioteca.
  • Publicación dos relatos gañadores
Os alumnos gañadores aceptan que o seu relato sexa publicado nos soportes que o Equipo da Biblioteca estime oportunos.

Esperamos, arrepiados, os vosos relatos...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN