7/2/11

Un lobo namorado

Miña pequena:
Dende que nos vimos por última vez non podo deixar de pensar en ti. Sinto vergoña de imaxinar a pésima imaxe que te fixeches de min. É todo tan complicado! Se ti puideses saber o que realmente sinto... Se ti soubeses que non quería facer o que fixen, que actuei seguindo o maldito guión aprendido que me inculcaron dende cativo...
Supoño que a ti che pasaría o mesmo, di a verdade, con ese pesado repaso polas miñas orellas, mans, nariz e boca.
Sen embargo, unha chispa nos teus ollos, antes de que botases a correr e aparecese o "chulito" do cazador, díxome que, detrás desta farsa, hai algo máis. Por iso me decidín a escribirte, porque penso que a nosa historia pode ter outro final, a pesar do que digan e do que tantas e tantas persoas escribiron sobre nós.
Sei que vimos de mundos diferentes e que as nosas familias son incompatibles (túa nai non me soporta, e non digamos a túa avoa) pero non podemos rendernos sen loitar por un amor sincero e verdadeiro.
Se estou equivocado, miña Carrapucha, rompe esta carta e esquece que me coñeciches. Se non é así, por favor, respóndeme e unamos as nosas forzas para vivir felices o noso amor sen pensar no que digan ou pensen os demais.

Espero ansioso estar a soas contigo para por fin poder "comerte mellor".

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN