27/9/10

MONTAÑAS COMO ISLAS

(Fotograma da versión cinematográfica: El pequeño Cherokee (1991)

A editorial Duomo agasállanos con este delicioso libro que xa fora, en 1976, un éxito editorial para crítica e público: Montañas como islas.
Un fermoso e poético título para unha historia conmovedora na que Carter lle da voz ao pobo cherokee a través de Pequena Árbore, un rapaz de 5 anos, recén chegado ás montañas tras a morte da súa nai.

A partir da convivencia cos seus avós vai descubrindo:


  • o coidado equilibrio que existe entre o seu pobo e a natureza, á que respectan e veneran,
  • o abismo que os separa do home branco coas súas normas e a súa estricta relixión,
  • o xeito de convivir e sobrevivir nun mundo hostil sen deixar de ser eles mesmos,
  • o significado do amor, da confianza, da amizade, da tolerancia,
  • ...
Unha conmovedora viaxe ás montañas Apalaches a través da mirada limpa e inxénua dun neno que descoñece por completo a burla, a maldade, a desconfianza, o odio ou o rancor.


Sentiredes que tedes algo de cherokees

e aprenderedes a comprender e respectar a cultura e tradición de outros pobos

despois de ler este libro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN