Xa estamos de volta da nosa escapadiña a Madrid para recoller a buxaina prateada da categoría Bibliotecas escolares nos Premios Edublogs 2010. E claro que pagou a pena o madrugón (e a calor abafante) porque vivimos unha xornada moi intensa. Á hora dos discursos todos os premiados sentimos unha profunda emoción ao ver recoñecido e valorado o noso traballo, e os nervios traizoaron a máis de un cando agradecía a comprensión e apoio da súa familia (o Príncipe fíxonos chorar a todos!).
Queremos amosar o noso profundo agradecemento aos impulsores e organizadores deste certame, a Asociación Espiral, e compartir coas compañeiras de fatigas bibliotecarias a nosa ledicia por este premio.
Proximamente teredes unha completa información sobre a xornada. Agora toca descansar.
Por suposto que pagou a pena,Susana e Mar. Moitísimas grazas por todo.
ResponderEliminarUn abrazo enorme.
moitas felicidades, a seguir traballando que estes momentos son os que fan olvidar os minutos? ? de desánimo
ResponderEliminar