11/1/10

El padre de Blancanieves, Belén Gopegui

Aínda co coñecemento de que non vos estamos a presentar unha novidade (esta novela foi publicada no ano 2007), non podemos deixar de recomendar a lectura desta magnífica novela de Belén Gopegui, considerada por moitos a mellor novelista da súa xeración.
El padre de Blancanieves é un brillante retrato da sociedade que estamos a vivir e nela podemos recoñecer trazos de nós mesmos e do mundo que nos rodea en prácticamente todos os seus personaxes.
A partir do personaxe de Susana, unha estudante de 20 anos, militante comprometida, vaise desleando o novelo e acabaremos coñecendo os sentimentos máis profundos, os soños, as actitudes ideolóxicas e vitais así como os segredos máis íntimos de seus pais, Manuela e Enrique, seus irmáns, Rodrigo e Marcos, e seus compañeiros de organización: Goyo, Eloísa, Félix, Mauricio, Álvaro... Ás veces porque nos deixa ler os seus diarios, outras os seus e-mails, outras grazas ao testemuño dun narrador e incluso outras a través dos comunicados dun logradísimo suxeito colectivo que engloba aos membros da organización da que forman parte.
Unha novela que invita á reflexión sobre a sociedade de consumo na que vivimos e sobre o que podemos e queremos facer (ou non) por construir un mundo mellor e diferente.

Unha novela para aprender a comprender e respectar as diferentes maneiras de enfrontarse á vida na adolescencia, na xuventude e na idade adulta.


"Sea como sea, he llegado a la segunda parte de mi vida. Mientras otras personas tienen por delante largos proyectos, pongamos, de hacerse médico y tener muchos hijos, el proyecto mío es envejecer. No obstante, resulta que a estas alturas de mi vida quiero empezar unas cuantas cosas. Tal vez envejecer no sea ir cerrando las carpetas sino, cuando se abre una nueva, preguntarse si tiene sentido. Porque en la juventud todas las carpetas tienen sentido, pero ahora no. (...) A esta edad abriré algunas carpetas que no he de terminar pero espero que las terminen otros.
Madurar quizá consista en comprender que no es una quien ha de poner la firma al cuadro, o cerrar el local y apagar la luz."
Unha recomendación especial para aqueles que seguen abrindo novas e marabillosas carpetas e para os inxenuos que aínda cren nas utopías. ;-)


No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN