14/1/10

CHEMA MADOZ, UNHA NOVA VIAXE CADA DÍA

A editorial La Fábrica publicou recentemente un volume que recolle a obra de Chema Madoz desde os anos 80 ata o 2008. Todos os que coñecemos o traballo deste fotógrafo (Madrid, 1958) estamos de acordo en sinalar o encanto da súa particular visión do mundo, en concreto dos obxectos que viven arredor de nós e que protagonizan as súas creacións: un libro, unhas tesoiras, unha escada, un espello, unha cadeira, un abrelatas, unha flor, unha peza de xadrez, unha folla, un avión de papel, un mapa, un coitelo... A sorpresa chega no detalle, na asociación de figuras, no xogo, no emprego evidente dos máis importantes recursos da poesía. Así atopamos imaxes cheas de metáforas, de paradoxos e de ironía, de paralelismos e mesmo personificacións.

Con estas bases non é sorprendente coñecer a publicación de Nuevas greguerías de Ramón Gómez de la Serna, con fotografías de Chema Madoz. A greguería foi definida polo seu creador como metáfora + humor, e as imaxes que acompañan os textos nesta nova edición son absolutamente consecuentes con esta concepción.
"Ya llevaba la máquina colgada,
ya tenía ombligo fotográfico"

A paixón polo traballo ben feito apreciámola nas seguintes palabras do fotógrafo: "Cuando tomo una fotografía me siento al borde del abismo porque nunca sé cuál será la próxima. Y eso es, precisamente, lo que me sigue haciendo atractivo un trabajo que está cargado de misterio y riesgo, y que me plantea un viaje nuevo cada día."
Na seguinte presentación podemos gozar dalgunhas das máis fermosas fotografías de Madoz.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN