15/10/09

FAIME SENTIR

Unha vez preguntei aos meus alumnos que lles parecía máis difícil: escribir ou ler poesía. A resposta foi unánime, todos coincidiron en que é máis complicado entender os poemas, especialmente cando se trata de lírica.
Contesteilles que ese era o problema: a poesía non está escrita para ser entendida nin sometida á deusa Razón. A lírica é sentimento, é emoción, gozo, estremecemento, sorriso, bágoa, suspiro, nostalxia ... en definitiva, corazón.
Coidado coas lecturas obrigadas e non sentidas, pois son un desatino. O amor pola poesía hai que transmitilo coa propia vivencia, e non estaría nada mal agasallar ao noso alumnado cun poema, entre análise e análise sintáctica (mea culpa), sen pedirlles a cambio un comentario de texto.
Posto que a boa poesía sempre está de moda, non é preciso desesperarse procurando textos que realmente paguen a pena. Temos a Machado, a Alberti, a Federico e a Miguel Hernández, entre outros. Que máis podemos pedir?


Só un rogo facemos á poesía:
POR FAVOR, FAIME SENTIR.





No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

PASEN E VEXAN