20/6/09

E cito: "Unha vida non se escribe, vívese" (Antonio Tabucchi)

O estío é unha época moi xeitosa para ler con calma, por puro placer ou curiosidade.

Lecturas frescas e lixeiras coma a brisa mariña ou densas e especiadas coma o salobre do mar, cada quen según os seus gustos.


Neste blog tendes un apartado onde atoparedes suxestións, en
distintas linguas, polo que non vos vou a suxerir un litado delas, senón que vos fago partícipes dun dos libros que eu decidín ler este verán "Nocturno hindú", de Antonio Tabucchi (un escritor italiano nacido en Pisa).

Non é unha novedade, pero hai tempo quixen lelo, quedou coma un asunto pendente e hai uns días volvín tropezar cunha crítica sobre este libro, conque destas non penso aparcalo. Hai opinións controvertidas sobre el, pero vou probar.

Para que saibades algo sobre o libro: A viaxe que emprende o protagonista de Nocturno hindú está lonxe de ser unha aventura turística, aínda que non por iso é menos aventureiro. Trátase dun home que se encamiña con rumbo á India para dar co paradeiro dun vello amigo seu, que desapareceu da face da terra sen deixar rastro. O enigma e o misterio atravesan a obra de principio a fin. Pero non porque se trate dun libro policial, senón porque o espírito desa terra afastada, en que o narrador case sempre se descobre a si mesmo escribindo de noite, parece traernos a sombra desoutro personaxe perdido, que habita todo o tempo na mente de quen o busca.


Os destinos percorridos polo noso viaxeiro, en busca do seu amigo, son numerosas: Bombay, Madrás, Goa.

Non estaría de máis que fixésedes algunha suxestión tamén, habíanse agradecer.



FELIZ VERÁN!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN