27/4/09

Practicas o e-mailing?


Porque se é así ten boa conta de que non che suceda o que a Berry Blue. Eso de cambiar "u" por "i" pode ter as súas consecuencias, aínda que non sempre teñen por que ser negativas.
Neste caso provocan o inicio dunha aventura para dous personaxes que creo nos acompañarán en máis dunha ocasión: Berry Blue e Pink Muffin.
Unha historia contada vía e-mail, o cal non deixa de ser orixinal.

Pero será esta unha relación só por correo electrónico ou chegarán a coñecerse en persoa? Iso non penso contarcho eu! Terás que descubrilo ti. Pero non te preocupes porque tes o libro a túa enteira disposición na Biblioteca.
Eso si, para pedilo tes que saber que o título desta obra, clasificada como literatura xuvenil romántica, é "Asunto: error de envío" e quen suscribe a autoría da obra son Hortense Ullrich e Joachim Fiedrich .

E para cando remates de ler este primeiro asunto e por si quedas con ganas, que seguro que sí ... podo aventurar que o próximo ASUNTO promete: "Asunto: frenesí amoroso". Xa estás correndo ao diccionario a ver que significa esa palabrota frenesí. Preme no enlace, a ver que pasa:

Promete ou non? Pois veña! Que xa estás tardando! Apunta o título, os autores (que son os mesmos) e mete o papel no buzón do sapo Manolo, para que o merque en canto saia. E por suposto non esquezas ler o 1º asunto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN