29/3/09

MOITA MERDA!



O pasado venres 27 de marzo foi o Día Mundial do Teatro (creado en 1961 polo International Theatre Institute. Compañías de teatro de todo o país, institucións e afeccionados saíron ás rúas ou subiron aos escenarios para celebralo e escoitar a mensaxe deste ano, escrita polo dramaturgo brasileiro Augusto Boal.
Vía Lecturalia coñecemos o texto completo da mensaxe do que vos traducimos uns fragmentos:

"Todas as sociedades humanas son espectaculares na súa vida cotiá e producen espectáculos en momentos especiais. Son espectaculares como forma de organización social e producen espectáculos como este que ustedes veñen a ver.
Ainda que inconscientemente, as relacións humanas estructúranse de forma teatral: o uso do espazo, a linguaxe do corpo, a elección das palabras e a modulación das voces, a confrontación de ideas e paixóns, todo o que facemos no escenario facémolo sempre nas nosas vidas: ¡nosotros somos teatro!
Non só as vodas e os funerais son espectáculos, tamén os rituais cotiás que, pola súa familiaridade, non nos chegan á consciencia. Non só pompas, senón tamén o café da mañá e os bos días, os tímidos namoramentos, os grandes conflictos pasionais, unha sesión do Senado ou unha reunión diplomática; todo é teatro.
Unha das principais funcións da nosa arte é facer conscientes eses espectáculos da vida diaria onde os actores son os propios espectadores e o escenario é a platea e a platea, escenario. Somos todos artistas: facendo teatro, aprendemos a ver aquelo que resalta aos ollos, pero que somos incapaces de ver ao estar tan afeitos a miralo. O que nos é familiar convírtese en invisible: facer teatro, ao contrario, ilumina o escenario da nosa vida cotiá. (...)
Vendo o mundo, ademais das apariencias, vemos a opresores e oprimidos en todas as sociedades, etnias, xéneros, clases e castas, vemos o mundo inxusto e cruel. Temos a obriga de inventar outro mundo porque sabemos que outro mundo é posible.
Pero nos incumbe a nós construilo coas nosas mans entrando en escena, no escenario e na vida. (...)"


Dende a biblioteca queremos convidarvos a conmemorar tamén na escola esta data. Convirtámonos todos nesta semana en actores improvisados. Aproveitemos as nosas Horas de Ler para ler teatro xuntos, en voz alta e meténdonos cada día, durante 20 minutos na pel de Romeos, Xulietas, Avaros, Tenorios, Bernardas, Electras, Edipos, Tartufos, Antígonas, Eloísas, deixemos de ser profes e alumnos, inventemos outro mundo por unha semana!


Atoparedes a nosa colección de teatro ao voso alcance no noso PUNTO DE INTERESE.


Todos listos?
Ábrese o pano
Moita merda a todos! (e ollo con vestirse de amarelo)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN