30/1/09

CAMBIEMOS O MUNDO!

(Mapa Mundi segundo as mortes en conflictos armados)


Hoxe todos os centros escolares celebramos un día especial, un día pola PAZ e a NON VIOLENCIA.

Hoxe todos reflexionamos durante un momento de silencio e penumbra, entre videos, cancións e poemas. E nos preguntamos: Que podo facer eu?


Comecemos polo máis cercano, polo respecto, a solidariedade e a convivencia pacífica nos fogares, nas aulas, nos centros de traballo, na simple vida cotiá. Non é fácil, asegúrovolo.


Hoxe temos dúas recomendacións para os lunáticos que pensamos que cambiar o mundo é posible:

Unha lectura, El mundo según Larry, de Janet Tashjian, que relata a historia de Josh, un rapaz de 17 anos que intenta, dende o anonimato dunha páxina web, poñer o seu grao de area para espertar na súa xeración a preocupación por un mundo máis xusto e solidario e por apartalo dun consumismo absurdo e enfermizo.



E unha película, Cadena de Favores, de Catherine Ryan Hyde, onde Trevor leva a práctica un traballo para o seu profesor de Ciencias Sociais: "unha idea para cambiar o mundo".
A idea de Trevor é sinxela e conmovedora, unha cadea. Se eu axudo a tres persoas, elas, en agradecemento, deben axudar á súa vez a outras tres... Funcionará a cadea?

É tan sinxelo cambiar o mundo?

PARA TODOS OS "INXÉNUOS" QUE AÍNDA PENSAMOS QUE UN MUNDO MELLOR É POSIBLE.
PARA ESQUECER A CHUVIA, O VENTO E ESTE INVERNO QUE PARECE NON REMATAR NUNCA. ;-)

1 comentario:

  1. very good blog, congratulations
    regard from Reus Catalonia
    thank you

    ResponderEliminar

PASEN E VEXAN