11/12/08

La Joven de la Perla o "La Gioconda del Norte".

"Girl with a pearl earring" de Tracy Chevalier.


Novela ambientada en Delft, Holanda, no ano 1665. Despois de que o seu pai quédase cego tras unha explosión, Griet, de dezasete anos, ten que poñerse a traballar para manter á súa familia. Empeza como criada en casa de Johannes Vermeer e aos poucos vai chamando a atención do pintor. Aínda que son totalmente diferentes con respecto a educación e estatus social, Vermeer descobre a intuición de Griet para comprender a luz e a cor e lentamente vaina introducindo no misterioso mundo da pintura.




Como xurde a inspiración.

A inspiración xúrdelle a Tracy un día que está tumbada na cama pensando en cal podería ser a súa próxima novela e sobre que. Desde onde está ve un póster que tiña colgado na súa habitación dende os 19 anos. É unha copia do cuadro que ten o mesmo título que a novela que empezou a tomar forma nese mesmo instante, ó preguntarse que lle tería feito Jan Vermeer a esa rapaza para ter esa expresión na mirada.

Algo sobre a biografía de Johannes Vermeer.

Sábese relativamente pouco sobre a vida de Vermeer, algúns feitos básicos anotados en rexistros e documentos legais. Vermeer naceu en Delft (Países Baixos), fillo do traballador de clase media Reijnier Janszoon. Foi bautizado como protestante o 31 de outubro de 1632 baixo o nome de Joannis. E enterrado na Igrexa Vella (Oude Kerk) en Delft. É, logo de Rembrandt, o máis famoso pintor holandés do século XVII, periodo que é coñecido como a idade de ouro de Holanda, polas súas asombrosas realizacións artísticas e culturais. A súa obra é escasa: trinta e catro cadros de escenas de interior (como A Lechera) ou retratos (Rapariga con turbante) e dúas paisaxes urbanas (A callejuela e A vista de Delft). Ata o número de pinturas atribuídas a Vermeer varía, debido ás circunstancias nas que morreu este pintor e ao seu posterior esquecemento.




Lido así non sona moi interesante, pero a lectura do citado libro convencen xustamente do contrario.

A película: un cadro con historia.

Os actores principais son Scarlett Johansson e Colin Firth.

A ambientación pode transportarvos a aquela época, xa que é moi realista. As vestimentas típicas, a tela que cubre o cabelo de Griet, as casas, a forma de falar, os costumes.
Pero si o que esperades é acción non a hai. É unha película para observar.

Eu quedo co libro sin lugar a dudas.


Se queres ver máis cadros de Vermeer, preme no enlace:

http://www.reproarte.com/artista/448_Jan+Vermeer+van+Delft/index.html




No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN