22/11/08

DE AMOR E VAMPIROS

Somos moitos os que agardamos impacientes a estrea da adaptación cinematográfica de Crepúsculo, a novela de Stephenie Meyer. Este libro e as súas continuacións (Luna Nueva, Eclipse e Amanecer) son un éxito absoluto de ventas e, por suposto, de préstamos na bilbioteca.



O vindeiro día 5 de decembro poderemos ver en pantalla grande como é Isabella Swan, a adolescente que se namora de Edward Cullen, un misterioso rapaz que oculta a súa verdadeira identidade de vampiro.

Atoparedes toda a información sobre a directora, Catherine Hardwicke, os actores, a música... na páxina oficial. E xa está confirmado que seguirán as adaptacións dos outros tres libros.
Preparados para as emocións fortes?

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

PASEN E VEXAN