2/11/08

COURTNEY CRUMRIN


Courtney Crumrin é a protagonista dunha novela gráfica de Norma Editorial, que xa conta con tres entregas: Courtney Crumrin y las Criaturas de la Noche, Courtney Crumrin y la Asamblea de Místicos e Courtney Crumrin en el Reino del Crepúsculo.
O autor, Ted Naifeh, preséntanos unha historia con todos os ingredientes propios dun relato de medo para nenos: unha nena chega cos seus pais ao novo e elegante barrio de Hillsborough, para vivir co seu misterioso tío Aloysius, nunha tétrica mansión. Pouco a pouco vai vencendo o rexeitamento que lle produce a figura do ancián , ao tempo que descobre quen é realmente. Por outra banda, coñecemos os problemas que Courtney ten no seu novo cole para facer amigos, pois a maioría dos alumnos só procuran ser os máis populares do centro e búrlanse dela por ser diferente aos demais.



Pero as historias que esta rapaza vive encerran moito máis do que aparentan. A calidade desta obra é excepcional. Son moi acertadas as palabras que podemos ler en VIA-NEWS sobre o resultado final: "(...) afortunado cruce entre la ñoñería feérica del mago Harry Potter, Emily the Strange y la negrura más amarga de Tim Burton, el mundo del niño mago de J.K. Rowling pasado por el filtro del mundo adulto y cargado con sus frustraciones, con sus engaños, con sus mentiras, con su dolor y su oscuridad. Incluso, si frotamos un poco más, podemos encontrar entre sus páginas trazas de los mitos terroríficos del Hellboy de Mignola o el terror gótico de Edgar Allan Poe."
Non deixes pasar a oportunidade de ler esta gran obra. Courtney agárdate na biblioteca!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN