29/10/08

"Un grito de amor desde el centro del mundo", Kyoichi Katayama

Aki e Sakutarô coñécense na escola, comparten tarefas e obrigas escolares e da amizade inicial acaba xurdindo unha intensa historia de amor. Historia que intuimos dramática polas primeiras liñas do libro:


"Aquella mañana me desperté llorando. Como siempre. Ni siquiera sabía si estaba triste."


O relato é sinxelo, podemos incluso pensar que cursi ou manido, pero resulta fermoso ler como Sakutarô nos describe cada unha desas sensacións inesquecibles: pensar no outro a cada momento, querer pasar cada instante ao seu lado, pensar que leva contigo toda a vida (con 17 aniños), que non ten sentido vivir sen Aki, que ninguén pode chegar a coñecelo coma ela.

Os lazos que semellaban firmemente unidos acaban desfacéndose por causa dunha grave enfermidade. Sakutarô queda só. Pero ao longo do relato nos leva consigo a coñecer a vida cotiá dos adolescentes xaponeses, as súas normas e costumes, as tradicións e o seu curioso modo de relacionarse coa morte cara a cara.

Tamén nos presentará ao seu avó con quen terá longas e fermosas conversas coma esta:

"En la vida, hay cosas que pueden realizarse y otras que no. Las que se materializan, las olvidamos enseguida. Sin embargo, las que no podemos realizar, las guardamos eternamente dentro de nuestro corazón como algo muy preciado. (...) Me pregunto si la belleza de la vida no residirá en nuestros sentimientos respecto a lo que no se ha cumplido. Por que lo cierto es que ya se ha materializado como belleza."

É vulgar contar a sinxela historia de amor de dous adolescentes calquera? Lede a novela, despois a acertada reseña sobre a mesma de Papel en Blanco. Logo contádeme.

Lectura moi recomendable para adolescentes e tamén para todos aos que non nos aburrirán nunca o AMOR nin a BELEZA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN