10/10/08

PUNTO DE INTERESE

Na Biblioteca temos unha nova sección, ou "PUNTO DE INTERESE", na que se ofrece material específico sobre diferentes temas. Esta sección pretende dar a coñecer documentos que consideramos interesantes e que, por distintas razóns, están un pouco esquecidos. Esta sección será renovada mensualmente.

O mes de outubro está dedicado ao MAR. Ofrecemos unha escolma de materiais bibliográficos relacionados cos océanos, a fauna mariña, a pesca, a contaminación, as illas galegas, as cunchas... Non faltan os contos, as novelas e a poesía. A selección de audiovisuais comprende películas de ficción como "Titanic", ou "Mar adentro", e documentais sobre o fondo mariño e a fauna. Hai materiais para todas as idades e gustos e, por suposto, poden ser levados en préstamo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN