27/10/08

LA CLAVE SECRETA DEL UNIVERSO

Chega á nosa biblioteca La clave secreta del universo, o terceiro libro da xornalista Lucy Hawking, o primeiro que escribe a medias co seu pai, o prestixioso científico Stephen Hawking.

Conta a historia dun neno, George, que vive en Cambridge cos seus pais, uns ecoloxistas bastante radicais que rexeitan as novas tecnoloxías, non lle deixan ter ordenador e obrígano a comer só alimentos "naturais".

Un día coñece a Annie, que vive na casa veciña; é filla dun científico que conta cun prodixioso ordenador. Os nenos comezarán a vivir unha serie de aventuras onde se mesturan os acontecementos da vida cotiá coa ciencia, pois ao mesmo tempo, é un espléndido libro con explicacións moi sinxelas sobre o
Big Bang, sobre os buratos negros, sobre o universo, as partículas, os planetas, as estrelas

Un libro apaixoante que combina ficción e coñecemento científico, e que nos envía unha mensaxe final: científicos e ecoloxistas teñen que traballar xuntos para salvar o planeta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN