19/9/08

35 kilos de esperanza, de Anna Gavalda



Anna Gavalda


A primeria novela xuvenil de Anna Gavalda é un regalo.

Os que xa coñecedes a súa obra para adultos (Xuntos e máis nada, El Consuelo ...) sabedes da súa facilidade para afondar no máis profundo das emocións humanas, da súa maestría para sumerxirnos nas paixóns, dores, ledicias e dificultades dos seus personaxes, da súa capacidade de conmover e emocionar ao lector.


Esta pequena obra publicada en Alfaguara para lectores de máis de 10 anos tamén o consegue, vaia se o consegue, e en menos de 100 páxinas.

Pensamos algunha vez canto pesan as nosas esperanzas? Gregorio si o fixo. El se presenta así:

"Odio el colegio.

Lo odio más que a nada en el mundo.

Más todavía...

Me amarga la vida."

Gregorio fracasa na escola, un ano tras outro. Seus pais desesperan, Gregorio sufre. Seu avó León comparte con el un recanto secreto, o seu obradoiro, onde xuntos crean canto desexan coas súas propias mans. León axudará a Gregorio a descubrir o seu talento, a desenvolver as súas habilidades e a loitar por conseguir o que máis desexa: madurar, escoller un futuro e loitar por acadalo so.

Unha lectura deliciosa (case diría obrigada) tamén para docentes, pais e nais. Unha lección de vida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN