3/6/08

INFRINXIR AS REGRAS (MESMO NA BIBLIOTECA)

Sabías que ás veces hai boas razóns para quebrantar as normas da biblioteca?
Que che parecería compartir a hora do contacontos cun león?

Aínda que o señor Mosquera non está contento coa súa presencia, non hai ningunha lei que impida a entrada dun león na biblioteca. Ademais é un eficiente colaborador nas tarefas diarias e será de moita axuda para a Sra. Plácida…

León de biblioteca é un precioso álbum ilustrado, editado por Ekairé, no que se describe o funcionamento dunha biblioteca e o valor relativo das normas.
A autora, Michelle Knudsen, traballou en bibliotecas de Estados Unidos e, segundo afirma na contraportada do libro, “Calquera que ame as bibliotecas sabe que son lugares máxicos e especiais, onde todos son benvidos e calquera cousa é posible”.
As expresivas ilustracións son de Kevin Hawkes (que ten unha fermosa e vistosísima páxina que vos recomendo visitar), gañou importantes premios cos seus traballos, e afirma que esta historia fíxolle lembrar “aqueles tempos en que unha visita á biblioteca era tan emocionante como unha ida ao zoolóxico, só que mellor!”

Que disfrutedes da historia e da compaña dun usuario da biblioteca tan pouco común!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN