5/6/08

FUN HOME, UNA FAMILIA TRAGICÓMICA



Nominación al National Book Critics Circle Award 2007.

Mellor novela gráfica 2006 segúndo ENTERTEINMENT WEEKLY.

Un dos 10 mellores libros de 2006 segundo NEW YORK MAGAZINE.

Precisa mellor carta de presentación esta magnífica novela gráfica en "color bitono" (ou sexa, nin é color nin é branco e negro) da norteamericana Alison Bechdel?

Unha historia autobiográfica dunha familia e a súa casa (a obsesión creativa de seu pai).

Un pai, profesor de inglés e responsable da funeraria familiar (de aí o xogo de palabras de "Fun" Home), e unha filla.

E moitas lecturas na vida de ambos, libros que parecen dirixir ou explicar os seus destinos (Camus, Proust, Joyce, Fitzgerald...)

Un curioso xogo no que Alison trata de explicar a súa vida, de entenderse a sí mesma e de comprender aos seus a partir da literatura, como se lle resultase máis sinxelo explicalos coma personaxes de ficción.


E moito máis...
A magnífica reseña desta obra titulada "La pasión por los libros: Fun Home" do blog La carcel de Papel terminará de convencervos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN