11/6/08

AS CRÓNICAS DE SPIDERWICK

Moitos de vós xa coñecedes a serie de libros titulada Crónicas de Spiderwick ilustrado por Tony DiTerlizzi e escrito por Holly Black, publicado por Ediciones B. Esta historia está protagonizada polos xemelgos Jared e Simon, a súa irmá maior Mallory e a nai. Esta familia marcha da cidade e vai vivir a unha vella mansión propiedade dos seu tío bisavó Arthur Spiderwick. Comeza a suceder unha serie de desaparicións e estraños accidentes. Pouco a pouco, os irmáns descubren a verdade da casa e das criaturas que nela habitan. Todo grazas un misterioso a perigoso libro escrito polo propio tío Arthur.
Hai pouco foi a estrea da versión cinematográfica desta obra, unha película para pasar un tempo de diversión, emoción e algún que outro susto!
Mentres agardades a oportunidade de disfrutar desta adaptación, podedes visitar a páxina oficial. Nela atoparedes fotos, vídeos, xogos...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN