Imos a Barcelona?
A 26ª edición do Salón del Cómic presenta un programa tan apetitoso que dan ganas de coller un voo baratiño e pasar alí a vindeira fin de semana.
Moito sabor galego cunha exposición adicada a Miguelanxo Prado e os seus traballos de animación, outra a David Rubín, gañador do premio ao autor revelación da pasada edición, e outra dos orixinais do fanzine galego Barsowia, vehículo de expresión dos novos valores da historieta galega.
Hai ademáis outras exposicións moi atractivas coma a do aniversario de Mortadelo e Filemón, a de Héroes de Tim Sale ou a da relación Manara-Fellini.
E se esta apetitosa oferta non vos tentaba demasiado, unha xornada enteira adicada ao "Cómic como ferramente pedagóxica" o día 17.
Que, que dicides, imos a Barcelona?
Maleta preparada. Cando marchamos??
ResponderEliminar