1/4/08

2 DE ABRIL, DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

En honor a Hans Christian Andersen, que naceu o 2 de abril de 1805 en Odensee, celébrase hoxe o día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.
Que mellor maneira de recordalo que co entrañable personaxe de Andersen que levou ás pantallas Danny Kaye!

"A miña vida é un conto maravilloso, marcado pola sorte e polo éxito" (El cuento de mi vida, 1855)

Andersen, que sempre quixera ser cantante ou bailarín para traballar sobre un escenario, estaba convencido dende a adolescencia de que un día sería famoso. De feito, ainda que as súas primeiras obras xa lle proporcionaron unha apreciable notoriedade, son os contos os que fixeron del un autor verdadeiramente célebre.

Cando non estaba directamente enfrontado a un público, gustaba de ler ou contar os seus relatos en reunións de amigos e coñecidos.
A pesar de ter vivido alguns fracasos, Hans Christian nunca se desanimou e, a súa perseverancia, unida ao seu talento, fixeron posible a gran obra que hoxe coñecemos.

Os seus Contos, traducidos a 80 linguas, son o suficientemente máxicos como para fascinar a case todos os públicos do planeta. Provocan evocacións e resonancias a lectores de todas as idades, gustan a grandes e a pequenos.

Para saber máis sobre Hans http://www.ricochet-jeunes.org/es/biblio/base9/andersen.htm

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN