15/3/08

AÍNDA QUEDAN PIRATAS NA COSTA DA MORTE.

Consuelo Jiménez de Cisneros meteravos de cheo nunha aventura de 122 páxinas, que viviredes da man de Héctor, un rapaz de 16 anos que repite 2º de BUP; como castigo é enviado polos seus pais a pasar o verán cuns parentes de A Coruña.
Ao principio non lle fai ningunha graza, pero logo a descubre un atractivo mundo de historias e lendas, e faise moi amigo da súa curmá Carolina.

Un día comeza a recibir estrañas mensaxes iguais aos que aparecen no libro que ten que ler para as súas clases de inglés, "A illa do tesouro". Éste tamén é o libro que o avó de Carolina lle deixou á avoa cando foi apresado durante a guerra civil, antes de morrer.

Grazas ás pistas que atopan nel, os dous curmáns descubrirán un tesouro que deixou o avó. Terán que enfrontarse a Xan, que lle dá clases particulares, e ao seu sinistro amigo Marco, ambos pretenden quedar co tesouro.

No hay comentarios:

PASEN E VEXAN