2/12/07

XUNTOS E MÁIS NADA de ANNA GAVALDA


XUNTOS E MÁIS NADA
ANNA GAVALDA
Traducción de Mª DOLORES TORRES PARÍS
Xénero: narrativa.
Editorial Galaxia 2006
ISBN. 84-8288-898-6
PREMIO NOVELA EUROPEA CASINO DE SANTIAGO 2005

Camille Fauque, unha fráxil e desorientada rapaza de 26 anos, malvive en quince metros cadrados nun edificio do centro de París. Apenas come, limpa oficinas de noite e a súa relación co mundo é case agonizante. Philibert Marquet, o seu veciño, vive nun apartamento enorme do que podería ser desaloxado; é tartamudo, un anticuado cabaleiro que vende postais nun museo. O seu compañeiro de piso é Franck Lestafier, cociñeiro dun gran restaurante, mullereiro, vulgar e malfalado, quen ve como a súa vida cambia cando a súa avoa Paulette, a única persoa que sempre se ocupou del, ten que ingresar nun centro para maiores.
Son catro personaxes feridos pola vida que aprenderán a convivir; a relación que se establece entre eles serviralles para remontar o voo cara un futuro esperanzador.Anna Gavalda presenta unha historia verosímil, onde fai un retrato da fraxilidade do ser humano, do delicado equilibrio entre a felicidade e a desesperanza, entre os sentimentos e as palabras para contalos. É unha novela que se le dun tirón, que fair rir e fai chorar, que nos fai reflexionar sobre o verdadeiro sentido da felicidade.
Mágoa ese adozado final “Foron felices e comeron perdices”.
Será que realmente é posible acadar a dita nesta vida?

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN