2/12/07

ENSEMBLE, C´EST TOUT de Claude Berri




Esta semana chegou aos cines a adaptación cinematográfica da novela de Anna Gavalda “Ensemble, c'est tout”. A película está dirixida por Claude Berri e protagonizada por Audrey Tautou (Camille), Guillaume Canet (Franck), Laurent Stocker (Philibert) e Françoise Bertin (Paulette). Sen entrar en valoracións propias da crítica cinematográfica, o inevitable pensamento que nos asalta cando finaliza a proxección é “Esta non é a historia que eu lin”. Quen non teña disfrutado co libro seguramente pasará bos momentos no cine, coñecerá superficialmente a historia destes catro supervivintes, pero estará privado dos diálogos, das reflexións, da profundidade doutros personaxes, da emoción do descubrimento do seu pasado. Na película todo é precipitado e apenas insinuado, non se profundiza na historia, nesa procura da felicidade e da fortuna. Parece encamiñada a levar ao espectador ao “happy end” da historia de amor entre Camille e Franck.
A miña recomendación: lede o libro e xa me contaredes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN