12/11/07

PURA ANARQUÍA de WOODY ALLEN



Título: PURA ANARQUÍA
Autor: WOODY ALLEN
Editorial: TUSQUETS EDITORES
Año: 2007 ISBN: 978-84-8383-010-9 187 páxinas

Esta é unha recomendación para profes, nais, pais…adultos, en xeral. Pura anarquía é un libro cheo de humor intelixente que recolle dezaoito relatos do cineasta e escritor
Woody Allen. Dez destes contos apareceron publicados por primeira vez na revista The New Yorker. En todos eles, Allen ofrece as súas habituais dosis de acidez e inxenio: un musical en torno á Viena Fin de Siècle con Alma Mahler como protagonista; a historia dun incauto que confí­a as reformas da súa casa a un contratista sospeitosamente sensato; un delirante intercambio epistolar entre o director dunhas colonias de verán e o pai dun dos nenos que pasa alí­ as vacacións; os problemas dun home que quere levitar pero aínda non domina a técnica; a empresa que subasta en eBay oracións para que se cumplan desexos... Vintecinco anos despois do seu último libro de relatos, Woody Allen volta facernos rir coas súas historias: dende a policía ata os gourmets, pasando por Mickey Mouse, os detectives privados ou as garderías, nada escapa ás burlas de Woody Allen.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN