10/10/18

De maxia escura e maxia branca.






Unha viaxe no tempo ao Londres de finais do século XIX, cando Jack o Destripador atormentaba aos habitantes da cidade. "A Balada dos unicornios" de Ledicia Costas conta a historia de Ágata McLeod, unha xoven e valente inventora que vive baixo o mandato da súa cruel tía Cornelia na Escola de Artefactos e Oficios, que é o seu fogar dende a desaparición de seus pais. Cando a vida  de León, o mellor amigo de Ágata, pende dun fío, esta decide emprender un longo e perigoso viaxe hacia á cova do ermitán para salvalo, coa dificultade engadida de que un malvado asasino sen escrúpulos a persegue. Ágata contará coa axuda de Nuno, o irmá de León, e o robot da súa creación, Tic-Tac, e co apoio secreto da raíña albina Wendy. 
A pesar de ser unha historia bastante boa e dende logo orixinal, en ocasións  resulta algo brusca e non moi recomendable para as persoas moi sensibles ou para aqueles aos que non lles agraden as escenas de asasinatos algo violentos. Tamén é verdade que ao comezo do libro atopamos algúns "valeiros" informativos e a acción comeza algo rápido (aínda que iso depende das manías literarias  de cada quen) e hai cousas que ao principio non quedan moi claras.
Se olvidamos esa parte, polo demais é unha novela xuvenil interesante e que engancha, con, inventos moi imaxinativos que a moitos nos gustaría poder ter, toques fantásticos, dous bandos enfrontados e moitas sorpresas engadidas.
Ah, e se queredes descubrir porque o libro se chama así, só tedes que lelo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN