16/4/18

A AUGA NA NOSA LITERATURA ORAL


Continuamos co noso Proxecto Auga e, despois da marabillosa resposta ao noso concurso de Fotografía sobre auga queremos pedirvos de novo participación para realizar unha escolma de literatura de tradición oral relacionada coa auga, os ríos, os muíños, a chuvia, ....

Estades todos convidados, alumnado e profesorado do centro así como familias, amigos e veciños, a botarnos unha man nesta fermosa tarefa de recompilar cantigas, ditos, refráns e contos relacionados coa auga e así axudarnos a conservar ese fermoso patrimonio.

Con todos os textos recollidos así como unha selección de fotos, editaremos un libro do que, entre todos, seremos autores.

Escoitade, por exemplo, estas dúas cantigas que unha veciña de Cabanas cantou para nós:


Fermosas, non si?

Pois agora queremos que sexades vos quen nos ensinedes esas pezas que cantan ou contan os vosos maiores.

  • Podedes gravala en vídeo ou en audio co voso smartphone.
  • ou simplemente copiala, se os vosos informantes non queren ser gravados.
So tedes que cubrir unha ficha como a que vos proporcionaremos na clase (e que tamén podes descargar neste enlace) e seguir estas sinxelas instrucións para facer a recollida.

Podes recoller na biblioteca todas as copias que precises e tamén toda a axuda e colaboración para facer a túa recollida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN